¡Welcome to "La cloaca"!

Tinta ensanguentada


Hola queridos lectores.

Hoy estreno una nueva sección, ¡la de poesía! Cada semana publicaré por aquí alguno de los poemas que tengo o que me de por hacer. De momento son en gallego, no descarto algún día hacer alguno en castellano, pero es poco probable. Aún así no creo que sea de díficil interpretación, así que os pido que no os echéis atrás sólo por estar en una lengua que no conozcais.

——————————————-

Falando do poema de hoxe, títulase “Tinta ensanguentada”, e é basicamente unha protesta contra o mundo no que vivimos, sen fixarse en ningún problema en específico, senón de forma global. Escribino o ano pasado para un concurso do instituto e de feito o gañou (tampouco é que houbera demasiada participación, todo sexa dito).

Tinta ensanguentada

PRENDE, prende papel co lume que eu che proporciono,
hoxe só traen ira as miñas verbas, só traen enoxo,
para que vexades a realidade cos vosos propios ollos

RECOLLE, recolle este poema todas as inxustizas habidas e por haber,
poemas de tinta negra que levan os infelices grabados na pel,
poemas que só co corazón é posible ler.

OÍR, oír podo eu o lamento daqueles que viven un diario inferno,
mentres que sordos ignorantes con garabata comandan os gobernos
creendo facer o correcto e facendo caso omiso ao que non proporciona diñeiro.

TRAENDO, traendo guerra e servidume ao “terceiro mundo” a cambio de ganancias,
usando xogos de palabras que só intentan aparentar distancias,
distancias aparentes que destrúen infancias.

ESTOUPIDOS, estoupidos de maldade que fan que o necio vexa acrecentado o seu ser,
como o home que se cre poderoso por poñerlle a man enriba á muller,
como o drogadicto que cre controlar a droga cando a droga o controla a él.

SILENCIO, silencio goberna cada fogar
tras observar con impotencia o diario matinal
cavilando que non podemos facer máis que esperar.

TIRAR, tirar a toalla cando o combate está a piques de comezar,
cando eu vexo a unha colonia de formigas pola súa raíña loitar,
eu non creo en realeza, pero si creo en paz.

OBSERVO, observo consciente de que un “Jaque mate!” conséguese con sabios movementos, alzo o puño ao ceo cunha mensaxe no meu texto,
e dos meus beizos só sae unha airada palabra: PROTESTO.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s